Nova publicación do INSHT sobre a seguridade laboral en obras de construción menores


As obras de construción menores adoitan tratarse de intervencións de escasa entidade técnica e, na súa maioría, carecen de proxecto. Con todo, os riscos que aparecen neste tipo de actuacións son perfectamente asimilables a obras de maior envergadura.

O documento que se presenta ten como obxectivo orientar ás empresas que acometen obras menores á hora de xestionar a prevención de riscos dunha forma eficiente. Así mesmo, proporciona información sobre aspectos xerais que afectan as obras, tales como a subcontratación ou a formación, co fin de facilitar a identificación e o cumprimento das obrigacións preventivas neste ámbito e promover un maior compromiso coa seguridade e saúde no traballo.