Impartimos unha nova xornada formativa para potenciar a formación en prevención de riscos laborais no IES “Sanxillao” de Lugo


Lugo, 19 de maio de 2017.- A dita xornada tivo un contido teórico e práctico sobre primeiros auxilios e estivo destinada aos alumnos do IES “Sanxillao,” de Lugo. Cun horario dende as 09:00 ata as 12.00, a relatora da dita xornada foi María García Díaz, técnica de prevención e especialista en enfermería do traballo do Centro Issga de Lugo.

Asistiron arredor de 60 alumnos dos seguintes ciclos:

  • 1º Ciclo superior de Dirección de Cociña
  • 1º Ciclo medio de Cociña
  • 1º Ciclo medio de Servizos en restauración

Tal e como se recolle no Plan de actividades 2017 do Issga, unha das funcións máis importantes do Issga é a de colaborar coa autoridade educativa, a universidade e os centros de investigación para implantar en todos os ciclos e niveis formativos programas educativos de prevención de riscos laborais.

Deste xeito, o ISSGA apoia e colabora cos organismos competentes para a integración da educación en saúde laboral e prevención de riscos no ámbito escolar e prelaboral.

O ISSGA desenvolve actividades que teñen por finalidade mellorar a información, sensibilización e formación no eido da prevención de riscos laborais na poboación escolar nos diferentes niveis educativos da educación primaria, secundaria, bacharelato e formación profesional, e o apoio técnico ao profesorado.