O ISSGA e APROSAL realizan unha xornada sobre as anotacións no libro de incidencias na Coruña


A Coruña, 12 de maio de 2017. O Centro Issga da Coruña acolleu a xornada técnica “Anotacións no libro de incidencias”, organizada polo Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA) en colaboración coa Asociación de Profesionais de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (APROSAL) e que contou coa asistencia de 85 persoas.

Esta acción formativa enmárcase no ámbito do acordo de colaboración subscrito entre o ISSGA e APROSAL para o desenvolvemento de actividades de información e formación en prevención de riscos laborais.

A colaboración inclúe accións de concienciación e difusión en materia de prevención de riscos laborais, o intercambio de información ou a cooperación e asesoramento mutuo mediante a achega dos coñecementos e experiencia técnicos. Ademais, fomentarase a elaboración de materiais divulgativos e a promoción da actividade investigadora de ambas as institucións no estudo ou avaliación de calquera problema relacionado coa seguridade e saúde dos traballadores.

Esta acción formativa organizouse en cinco relatorios nos que se analizou, desde un punto de vista eminentemente práctico, a actuación do ISSGA, o procedemento da actuación inspectora, as figuras do coordinador e o contratista en relación co libro de incidencias para finalizar con diversos exemplos prácticos de anotacións no libro de incidencias.

O labor do Issga neste ámbito, potenciar a formación en materia de prevención dos riscos laborais, deberá de seguir sendo un dos seus maiores obxectivos e, como órgano técnico-científico da administración referente na difusión do coñecemento en materia preventiva, concentrar nos seus centros acciones formativas, non só propias, senón tamén en colaboración con outras entidades.

Na seguinte ligazón pode acceder aos relatorios expostos durante esta acción formativa.