Reunión da Comisión de Goberno do ISSGA


Santiago de Compostela, 19 de abril de 2017.- Hoxe tivo lugar na nova sede do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA) no Complexo Administrativo de San Lázaro en Santiago de Compostela a primeira sesión ordinaria que ten lugar este ano da Comisión de Goberno do ISSGA, de acordo co artigo 8 da Orde do 23 de agosto de 2010 (DOG núm. 168, do 1 de setembro) pola que se aproba o seu Regulamento orgánico de funcionamento.

A orde do día foi seguinte: 

1. Lectura e aprobación da acta da sesión anterior núm. 4/2016

2. Sinistralidade laboral en Galicia 2016

3. Informe de actuacións do Issga 2016

4. Comisión para a Integración da Igualdade. Reunión do 5 de abril de 2017

5. Avance de execución do Plan de Actividades do Issga 2017

6. Rolda de intervencións

A Comisión de Goberno é o máximo órgano de dirección do instituto. Está composta por doce membros, seis en representación da Administración e outros seis en representación dos axentes económicos e sociais, tres a proposta das organizacións sindicais e tres a proposta da organización empresarial.

Correspóndelle á Comisión de Goberno, máximo órgano de dirección do instituto, o desenvolvemento das seguintes funcións:

  • Establecer os criterios xerais de actuación en materia de seguridade e saúde laboral na Comunidade Autónoma, en virtude das políticas, dos programas e dos plans que estableza o Consello da Xunta de Galicia

  • Establecer as liñas xerais de actuación do instituto e aprobar o plan anual de actividades

  • Aprobar o anteproxecto de orzamento anual

  • Elaborar o seu propio regulamento orgánico de funcionamento