Traballos con altas temperaturas: factores de risco e medidas preventivas


En época estival, as condicións climáticas ás que se atopan expostos os traballadores poden ser a causa de accidentes de traballo, algúns deles mortais.

A causa do problema non é só a elevada temperatura, senón a acumulación excesiva de calor no organismo, que se pode producir tanto polas altas temperaturas, como pola calor que xera o corpo en actividades físicas intensas. Ademais, existen factores persoais que incrementan o risco de accidente como, por exemplo, que os traballadores poidan padecer doenzas previas (enfermidades cardiovasculares ou respiratorias, diabetes, etc.)

O estres térmico por calor resulta especialmente perigoso nos traballos ao aire libre, como na construción, a agricultura ou nos traballos de obras públicas, xa que, ao tratarse dunha situación perigosa que fundamentalmente se dá nos días máis calorosos de verán, non adoita haber programas específicos de prevención de riscos como no caso dos traballos onde a tensión por calor é un problema ao longo de todo o ano.

A exposición á calor pode causar diversos efectos sobre a saúde, de diferente gravidade, tales como erupción na pel, edema nas extremidades, queimaduras, cambras musculares, deshidratación, esgotamento, etc. Pero, sen dúbida, o efecto máis grave da exposición a situacións de calor intensa é o golpe de calor. Cando se produce o chamado golpe de calor, a temperatura corporal supera os 40,6 ºC, sendo mortal entre o 15 % e 25 % dos casos.

Nos seguintes documento do Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo (INSHT) se describen os principais factores de risco no estres térmico e as medidas preventivas que se deben adoptar así como a forma de actuar en caso dun golpe de calor.