Novas

Remataron as xornadas "Coidando ás persoas" en Santiago de Compostela

13 de Xullo , 2018

Durante os dous días nas que tiveron lugar, se pretendeu afondar en problemáticas cada vez máis cotiás e que, sen dúbida, deben ser obxecto de debate, estudo e resposta nunha sociedade moderna, avanzada, e que ten como valor principal nas organizacións ás persoas.

Publicamos un documento con recomendacións preventivas de actuación en traballos forestais con presenza da vespa velutina

05 de Xullo , 2018

O documento está dividido en tres partes e recolle as actuacións básicas que se deben ter en conta na planificación das tarefas tanto antes de empezar os traballo, como se se atopa un niño de velutina como, por último, no caso de ataque das vespas velutinas.

Organizamos na Coruña unha xornada sobre prevención, responsabilidade social e excelencia empresarial

29 de Xuño , 2018

A actividade forma parte do Plan de Actividades do ISSGA para 2018 que inclúe 74 actuacións divididas en 7 eixos e unha oferta formativa coa que prevé chegar a 1200 persoas.

A Xunta organiza mañá en Rande unha xornada sobre seguridade na industria 4.0 para analizar os novos riscos laborais da era tecnolóxica

21 de Xuño , 2018

A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA), avaliará as novas medidas a adoptar no eido da prevención laboral.