Novas

Colaboramos coa Xunta de Castela e León nun encontro sobre o sector agrario

17 de Novembro , 2017

O ISSGA colabora nesta xornada coa participación de Ángel López Älvarez, xefe do Centro Issga de Ourense, cun relatorio sobre os riscos na maquinaria agrícola, con referencia a tractores principalmente.

Hoxe analizamos os riscos laborais derivados do transporte por estrada

16 de Novembro , 2017

O centro Issga da Coruña acolleu a xornada técnica "PRL no sector de transporte por estrada. Riscos específicos dos condutores profesionais".

A Xunta sinala que os hábitos saudables no traballo contribúen a xerar emprego de calidade e á mellora da competitividade

10 de Novembro , 2017

O ISSGA colabora na xornada ‘Novos retos na xestión dos riscos psicosociais e o estrés laboral’ cunha exposición sobre a promoción da saúde e actuacións do ISSGA en materia de riscos psicosociais.

Asistimos ao Congreso de Prevención de Riscos Laborais en Granada

10 de Novembro , 2017

O ISSGA colabora coa participación do Subdirector xeral Técnico e de Planificación, Fernando González Abeijón, nunha mesa sobre o futuro da normalización nos sistemas de xestión de prevención de riscos laborais. ISO 45.001 vs OHSAS 18.001 Unificación de criterios de avaliación, xestión e auditoría.

Eventos

Congreso_A prevención e a seguridade industrial 4.0_Vigo


Organizado pola Asociación de Profesionais de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (APROSAL) e polo Consello Galego de Enxeñeiros Técnicos Industriais (CGETI).

XXII Xornadas técnicas de difusión do sector pesqueiro_Celeiro (Lugo)


Terá lugar o 24 e 25 de novembro organizadas pola OPP-77: Puerto de Celeiro SA.

Xornada sobre comunicación das sospeitas de enfermidades profesionais e vixilancia da saúde dos expostos ao amianto_Santiago de Compostela


O ISSGA colabora nesta actividade coa participación de Nieves Lorenzo Espeso, xefa do Equipo Técnico de Medicina Laboral do Centro ISSGA da Coruña, que presentará un relatorio sobre "Enfermidades profesionais / Exposición ao amianto".