XVI Congreso Nacional e IX Congreso Internacional de Enxeñaría Pesqueira - CONIPESCA 2021_Lima - Perú


Data de inicio: 25 de Outubro , 2021
Data de fin: 29 de Outubro , 2021
Ámbito: Internacional
Lugar de celebración: Virtual


O obxectivo do CONIPESCA 2021 é presentar e difundir os avances das investigacións e estudos en enxeñería, tecnoloxía e innovación tecnolóxica e o seu impacto na produtividade e sustentabilidade da pesqueira como enfoque estratéxico e dinamizador da economía, con responsabilidade social e ambiental aplicada baixo os seguintes eixos temáticos:

  1. Pesca, recursos pesqueiros, medio ambiente e sustentabilidade
  2. Tecnoloxía e innovación na pesqueira: xestión e o seu rol na seguridade alimentaria
  3. Acuicultura: produtividade, competitividade e proxeccións de crecemento de negocios
  4. Desenvolvemento humano, seguridade e saúde no traballo: COVID19

O ISSGA estára presente neste evento coa participación de Diego Castro Balboa, técnico de seguridade e saúde laboral do Centro ISSGA de Pontevedra, cun relatorio sobre a seguridade e saúde no sector pesqueiro en Galicia.