Actividade do ISSGA como consecuencia da epidemia do Covid-19 e atencion ao público


Ámbito: ISSGA
Lugar de celebración: ISSGA


ACTIVIDADE DO INSTITUTO DE SEGURIDADE E SAÚDE LABORAL DE GALICIA (ISSGA) COMO CONSECUENCIA DA EPIDEMIA DO CORONAVIRUS COVID-19 E ATENCIÓN AO PÚBLICO

 

ACTIVIDADES FORMATIVAS

  • Suspéndense e aprázanse ata novo aviso as actividades presenciais. O alumnado seleccionado nas actividades afectadas recibirá información a través do correo electrónico sobre esta suspensión.

  • As actividades na modalidade de teleformación continúan invariables en canto á realización dos cursos a través da aula virtual. En canto á modalidade da proba de avaliación final será comunicada ao alumnado da actividade unha semana antes da data marcada para o exame.

Para calquera dúbida o alumnado poderá comunicarse co persoal do Issga a través do correo  issga.formacion@xunta.gal.

 

PROCEDEMENTOS ADMINISTRATIVOS

Segundo o establecido no artigo 9 do Real Decreto 537/2020, do 22 de maio, polo que se prorroga o estado de alarma declarado polo Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 (BOE número 145 do 23 de maio de 2020) con efectos do 1 de xuño, o cómputo dos prazos administrativos que fosen suspendidos renovarase, ou se reiniciará, se así se previu nunha norma con rango de lei aprobada durante a vixencia do estado de alarma e as súas prórrogas.

Polo tanto, están vixentes os termos e prazos que afectan aos procedementos administrativos que o Issga ten en marcha como a aprobación de plans de traballo con risco por amianto e a comunicación de inicio de traballo con risco por amianto.

  

NO ISSGA SEGUIMOS ATENDÉNDOTE

No entanto, no Issga seguimos atendéndote, na medida do posible e coas restricións xeradas pola situación, por teléfono ou a través dos seguintes correos electrónicos:

  • A CORUÑA. 981 182 329. issga.coruna@xunta.gal

  • LUGO. 982 294 300. issga.lugo@xunta.gal

  • OURENSE. 988 386 395. issga.ourense@xunta.gal

  • PONTEVEDRA. 886 218 101. issga.pontevedra@xunta.gal

  • SANTIAGO. 881 999 332. issga@xunta.gal