Congreso práctico de compliance. Como afrontar a elaboración dun programa de cumprimento normativo? _ A Coruña


Data de inicio: 30 de Abril , 2020
Data de fin: 30 de Abril , 2020
Ámbito: Galicia
Lugar de celebración: Auditorio Abanca. C/ Avenida de la Marina 1. 15003 A Coruña


Organizado por SF Formación, xunto con Abanca, o Ilustre Colexio de Avogados da Coruña, a Editorial Tirant o Blanch, a World Compliance Association, e AGACOM.

Desde que se aprobou en 2015 a reforma do Código penal pola que se introducía dunha maneira xa clara o contido dos modelos de cumprimento normativo ou compliance programs, o certo é que moito se discutiu sobre a maneira de trasplantar os concretos requisitos do Código aos programas das organizacións (sociedades mercantís, asociacións, fundacións, partidos políticos, sindicatos, etc.).

Neste congreso, nunha xornada eminentemente práctica, examinaranse os problemas que se atopan os profesionais da función de compliance no día a día.