IV Congreso Internacional "A prevención e a seguridade industrial 4.0. Contexto Covid-19”_Modalidade virtual


Data de inicio: 22 de Outubro , 2020
Data de fin: 22 de Outubro , 2020
Ámbito: Internacional
Lugar de celebración: Modalidade virtual


Este Congreso está organizado pola Xunta de Galicia, a través do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA), que é seu órgano técnico en materia de seguridade e saúde laboral, o Consello Galego de Enxeñeiros Técnicos Industriais (CGETI), que agrupa a todos os colexios oficiais deste colectivo de enxeñeiros e a Asociación de profesionais da seguridade e saúde laboral de Galicia (APROSAL).

Céntrase no obxectivo común de concienciar aos profesionais implicados sobre a transcendencia da prevención e a seguridade, con ferramentas tecnolóxicas innovadoras e experiencias de empresas punteiras, todo iso no contexto actual derivado da Covid-19.