Día Mundial da Seguridade e a Saúde no Traballo 2019


Data de inicio: 28 de Abril , 2019
Data de fin: 28 de Abril , 2019
Ámbito: Internacional
Lugar de celebración:


Seguridade e saúde e o futuro do traballo - 28 de abril de 2019

Un futuro do traballo seguro e saudable

Con motivo do centenario da Organización Internacional do Traballo (OIT) e das discusións sobre o futuro do traballo, o Día Mundial deste ano quere facer balance de 100 anos nos que a organización traballou para mellorar a seguridade e saúde no traballo, e mirar cara ao futuro para continuar con estes esforzos a través dos importantes cambios que se están producindo en ámbitos como a tecnoloxía, a demografía, a organización do traballo e o cambio climático.

O Día Mundial oficial é o 28 de abril, pero esta data só será o inicio de múltiples eventos e actividades mundiais que se organizarán durante o resto o ano en torno ao tema da seguridade e saúde e o futuro do traballo, celebrando e construíndo sobre o caudal de coñecementos e accións acumulados ao longo de 100 anos mentres nos preparamos para afrontar e valorar os cambios que nos depara o futuro do traballo que queremos.

A OIT presentará un informe global para ese efecto, no que compartirá unha historia de 100 anos de salvar vidas e promover contornas de traballo seguros e saudables. O informe pretende recoller a evolución da seguridade e saúde no traballo desde antes da fundación da OIT en 1919 ata o día de hoxe, pasando polos principais fitos que incidiron neste ámbito e influíron no modo en que a OIT contribuíu a mellorala.

Máis importante aínda, o informe global abordará os cambios nas modalidades de emprego, a tecnoloxía (dixitalización e CIT, traballo en plataformas dixitais, automatización e robótica), a demografía, a globalización, o cambio climático e outros impulsores que afectan á dinámica da seguridade e saúde e á natureza das profesións afíns, sen esquecer os riscos e as variacións recoñecidas e recorrentes que persisten nos países en desenvolvemento e nos países desenvolvidos.

Para profundar na discusión, a OIT presentará 33 artigos de opinión orixinais escritos polos verdadeiros protagonistas da comunidade da seguridade e saúde no traballo en todo o mundo, quen compartirán mensaxes e testemuños contundentes sobre a SST e o futuro do traballo desde múltiples puntos de vista técnicos e prácticos.

O ISSGA únese a este evento organizando as seguintes actividades formativas e informativas:

Xornada técnicas

  • Patoloxía da voz de orixe laboral

Centro Issga da Coruña_23 de abril

  • Mobilización de persoas con capacidade reducida

Recinto feiral Expourense_Previsel_24 de abril

  • Coidado dás persoas con dependencia_Factores biolóxicos e psicosociais

Recinto feiral Expourense_Previsel_25 de abril

  • Novo regulamento de EPI

Centro Issga de Pontevedra_26 de abril

  • Risco químico en salóns de peiteado e outros tratamentos de beleza

Centro Issga de Lugo_30 de abril

Talleres formativos

  • Talleres de “Escola de prevención TME para traballadoras do mar”

- Baiona: 24 ao 30 de abril

- Mugardos: 23 a 29 de abril


Colaboración con outras entidades/empresas

  • Participación no simulacro de desaloxo de Navantia Ferrol

Ferrol, 29 de abril