"FP: LIDERA A PREVENCIÓN!” Convocatoria de traballos audiovisuais


Data de inicio: 09 de Novembro , 2020
Data de fin: 10 de Decembro , 2020
Ámbito: España
Lugar de celebración: On line


“FP: LIDERA A PREVENCIÓN!” Convocatoria de traballos audiovisuais

A Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo (EU- OSHA) pon en marcha o Proxecto OSH VET para integrar a prevención na Formación Profesional. Este proxecto quere contribuír a que o alumnado que se atopa desenvolvendo os estudos de Formación Profesional, máis próximos á realidade do mercado de traballo, poida consolidar unha verdadeira cultura preventiva que contribúa á súa desempeño profesional seguro.

No marco da Semana Europea da Formación Profesional (9-13 novembro de 2020) a EU- OSHA, a través do Instituto Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo (INSST), convida a todos os Centros de Formación Profesional a participar na I Xornada “FP: lidera a prevención!” que pretende mostrar contido audiovisual preventivo realizado por e para o alumnado de FP.

Esta convocatoria de participación está apoiada pola Rede Española de Seguridade e Saúde no Traballo da que forma parte o ISSGA, a Asociación de Centros de Formación Profesional (FP Empresa), a Confederación Española de Centros de Ensino (CECE) e as asociacións de ámbito europeo que representan os intereses da Formación Profesional: European forum of Technical and Vocational Education and Training ( EfVET) e European Association of Institutes for Vocational Training (EVBB).

Os traballos máis destacados, en canto a creatividade, orixinalidade e contido, serán galardoados e participarán no primeiro evento virtual “FP: lidera a prevención!” que terá lugar o 15 de decembro.

Estes traballos serán promocionados tanto a través das canles de comunicación da EU- OSHA como dos seus socios e recibirán o recoñecemento á prevención de riscos no ámbito da Formación Profesional.

Anímase a todos os centros de Formación Profesional de España a elaborar un traballo audiovisual sobre seguridade e saúde no traballo conforme ás bases desta convocatoria e envialos antes do 10 de decembro de 2020 a través do formulario: https:// forms. gle/ GeKo7e33 BjxwQL1 UA

Ligazón con toda a información do proxecto: https://www.insst.es/el-instituto-al-dia/convocatoria-de-trabajos-audiovisuales-fp-lidera-la-prevencion.