Xornada de compliance laboral e prospectiva de futuro_A Coruña


Data de inicio: 18 de Xuño , 2019
Data de fin: 18 de Xuño , 2019
Ámbito: España
Lugar de celebración: Club Financiero Atlántico. Avenida Salvador de Madariaga 76, 15008. A Coruña


O Club Financeiro Atlántico, coa colaboración da Escola Universitaria de Relacións Laborais da Coruña, a Editorial Tirant o Blanch e SF Formación, organiza a primeira conferencia de Compliance do sector laboral en Galicia o día 18 de xuño.

As sucesivas reformas do Código penal, en especial a Lei Orgánica 1/2015, trouxeron consigo a necesidade da instauración de plans ou protocolos de cumprimento normativo nas persoas xurídicas ou organizacións de todo tamaño. Con todo, existe unha aresta que se tivo moi pouco en consideración: obrígase a establecer unha serie de extremos, como réxime sancionador propio para o caso de infraccións de compliance de traballadores e mandos, códigos éticos, canles de denuncias, etc., e poden existir colisións entre o mandato do lexislador penal e o do lexislador laboral.

Os relatores das xornadas serán:

  • María Lourdes Arastey Sahún, Maxistrada do Tribunal Supremo, Sala do social.
  • Fabián Valero Moldes, avogado especialista en Dereito laboral e socio en Zeres Avogados (Vigo)

 

Descargas