Xornadas de prevención de riscos laborais_Coidando ás persoas: regreso ao traballo tras unha baixa de longa duración_Santiago de Compostela


Data de inicio: 12 de Xullo , 2018
Data de fin: 13 de Xullo , 2018
Ámbito: España
Lugar de celebración: Parador Hostal dos Reis Católicos_Santiago de Compostela


A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria, e do seu órgano técnico na materia, o Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA), e o Instituto Nacional de Seguridade, Saúde e Benestar no Traballo (INSSBT), pretendemos con esta xornada afondar en problemáticas cada vez máis cotiás e que, sen dúbida, deben ser obxecto de debate, estudo e resposta nunha sociedade moderna, avanzada, e que ten como valor principal nas
organizacións ás persoas.

Por iso e tendo en conta como marco de referencia a Estratexia Española de Seguridade e Saúde no Traballo 2015-2020 na que participamos a Administración xeral do Estado, as distintas comunidades autónomas e os interlocutores sociais, organizamos este foro de encontro sobre a reincorporación ao traballo tras unha baixa de longa duración.

Para iso contamos con profesionais de prevención de recoñecido prestixio, de institucións públicas e privadas e con entidades que desenvolveron programas neste ámbito que deben tender a normalizarse.

Esta colaboración demostra na orde científico-técnica a boa sintonía e as sinerxías que existen nun traballo en común e en beneficio de todos, xa que tanto no marco europeo como na estratexia española xa mencionada, como na estratexia galega, se incorporan liñas de actuación neste ámbito.