XXII Xornadas técnicas de difusión do sector pesqueiro_Celeiro (Lugo)


Data de inicio: 24 de Novembro , 2017
Data de fin: 25 de Novembro , 2017
Ámbito: España
Lugar de celebración: Porto pesqueiro de Celeiro-Viveiro (Lugo)


Esta XXII edición do foro é unha cita sectorial anual onde non só teñen cabida os pescadores, senón tamén o sector empresarial, as administracións, científicos e investigadores, universidades, centros tecnolóxicos e de investigación, empresas, estudantes, ... e todos aqueles sectores relacionados con esta actividade.

O simposio é ideal para o intercambio de experiencias e coñecementos, para debater, analizar, desmenuzar e reflexionar sobre todo o que incumbe ao mundo da pesca. Este sector está presente en moitas frontes e as xornadas serven para pulsar a actualidade, analizar e expoñer inquietudes sobre temáticas específicas de puntual interese como poden ser: mercados, innovación e consumo, comunicación, economía circular, ordenación do espazo marítimo, normativa e lexislación, xestión pesqueira (tacs e cotas); selectividade, descartes, brexit, bioloxía (stocks, recursos, ...), etc.