Xornada sobre comunicación das sospeitas de enfermidades profesionais e vixilancia da saúde dos expostos ao amianto_Santiago de Compostela


Data de inicio: 30 de Novembro , 2017
Data de fin: 30 de Novembro , 2017
Ámbito:
Lugar de celebración: Salón de actos da Consellería de Sanidade_Edificio administrativo San Lázaro, s/n_Santiago de Compostela


Esta xornada, organizada pola Consellería de Sanidade, servirá para presentar as novidades do proxecto de comunicación á autoridade sanitaria dende os servizos de prevención, atención primaria e hospitalaria, tanto das sospeitas de enfermidades profesionais en relación ao artigo 5 do Rd 1299/2006, de 10 de novembro, como para a remisión do anexo V de vixilancia da saúde de expostos ao amianto do Rd 396/2006,de 31 de marzo dende os servizos de prevención.

Está enfocada aos médicos de atención primaria e hospitalaria, que na súa actividade diagnóstica se atopen con dúbidas en relación á filiación laboral dos diagnósticos dos seus pacientes, e ao persoal sanitario dos servizos de prevención que diagnostiquen enfermidades profesionais ou que teñan ao seu cargo a vixilancia da saúde de expostos/as ao amianto. Tamén pode resultar de interese aos técnicos de saúde laboral/xestores que traballen en actividades relacionadas con este tema e aos inspectores médicos, farmacéuticos e subinspectores como participantes neste circuíto de notificación.

Ao longo da xornada darase a coñecer o circuíto existente para este tipo de notificación e as novidades de comunicación automática, facilitando o labor diario dos profesionais que realizan estas tarefas e que servirá de catalizador da comunicación coas administracións sanitarias, así como de punto de reunión para os profesionais que traballan no ámbito da saúde laboral.

Para a inscrición á dita xornada, no caso de ser persoal con relación contractual no Servizo Galego de Saúde/Consellería de Sanidade deberá facer uso, como para calquera curso, da páxina do ACIS, http://acis.sergas.es/Paxinas/web.aspx introducindo neste caso o código da xornada (176186) para inscribirse.

Para o persoal alleo á organización deberá ter dispoñible un certificado dixital para inscribirse, ou no caso de non telo, chamar ao teléfono do ACIS (981554637) e comunicar o código da xornada (176186) para que procedan a súa inscrición.