II Xornada sobre a saúde en todas as políticas. Plans locais de saúde e avaliación do impacto en saúde_Santiago de Compostela


Data de inicio: 03 de Outubro , 2017
Data de fin: 03 de Outubro , 2017
Ámbito: Galicia
Lugar de celebración: Egap_Santiago de Compostela


A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Sanidade e da Secretaría Xeral para o Deporte, e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), están a organizar a II Xornada “A saúde en todas as políticas. Plans locais de saúde e avaliación do impacto en saúde” que se celebrará o vindeiro 3 de outubro en Santiago de Compostela.

Obxectivos da xornada:

• Fomentar a inclusión da Saúde en Todas as Políticas mediante a elaboración dos Plans Locais de Saúde.
• Dar a coñecer a metodoloxía da Avaliación do Impacto en Saúde como ferramenta de apoio aos obxectivos dos Plans Locais de Saúde.
• Facilitar o traballo da administración local na elaboración do seu Plan de Saúde en colaboración coa administración autonómica.
• Dar continuidade ás accións impulsadas para promover o desenvolvemento da Estratexia de Promoción da Saúde e Prevención no Sistema Nacional de Saúde (EPSP-SNS) no ámbito local.

A xornada está dirixida aos responsables, persoal técnico dos concellos, deputacións e administración autonómica das áreas relacionadas cos determinantes da saúde e asociacións e organizacións cidadáns

A inscrición á xornada é gratuíta e inclúe as pausas-café e o xantar.

Dado o aforo limitado da sala, a reserva de prazas realizarase por rigoroso orde de chegada das inscricións.

O prazo de inscrición remata o 20 de setembro de 2017.