Instalacións de Protección contra Incendios. Novo Regulamento_A Coruña


Data de inicio: 17 de Xullo , 2017
Data de fin: 17 de Xullo , 2017
Ámbito: Galicia
Lugar de celebración: Confederación de Empresarios da Coruña


A Asociación Profesional de Enxeñería de Protección contra Incendios (APICI), a Asociación Galega de Organismos de Control (ASGOCA) e a Confederación de Empresarios da Coruña (CEC), organizan o vindeiro luns 17 de xullo unha xornada sobre o Novo Regulamento de Instalacións de Protección contra Incendios.

Na xornada tamén participa a Asociación de Empresas de Seguridade de Galicia (AESGA) e o Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais da Coruña (COETICOR).

O obxectivo da xornada é o de facilitar información sobre as condicións e os requisitos esixibles ao deseño, instalación, mantemento e inspección dos equipos, sistemas e compoñentes que conforman as instalacións de protección activa contra incendios.

A asistencia á xornada é gratuíta, pero require inscrición.