Xornada de difusión nacional do Proxecto SAFE FISHING_Vigo


Data de inicio: 26 de Xuño , 2017
Data de fin: 26 de Xuño , 2017
Ámbito: España
Lugar de celebración: Edificio de Sesións da Autoridade Portuaria de Vigo, sito no Muelle de Trasatlánticos da Estación Marítima de Vigo


A Cooperativa de Armadores de Pesca do Porto de Vigo (ARVI) lidera un Proxecto de cooperación para a innovación e intercambio de boas prácticas no ámbito formativo e de prevención a nivel Europeo en materia de prevención de riscos laborais para a pesca de arrastre denominado “TRAINING TOOL BASED ON THE USE OF ICT FOR RISK PREVENTION AND SAFETY IN THE TRAWLING FISHING (SAFE FISHING)”, cuxos resultados se presentarán neste acto e no que tamén participará Diego Castro Balboa, técnico de prevención de riscos laborais do Centro Issga de Pontevedra.

Trátase dunha ferramenta formativa baseada no uso das tic para a prevención dos riscos laborais e promoción da seguridade no sector da pesca de arrastre e poñerase en valor a importancia da formación en materia preventiva no sector pesqueiro.

SAFE FISHING é un proxecto financiado pola Acción “Asociacións estratéxicas” no campo da formación profesional do Programa Erasmus+ da Comisión Europea, concretamente pola KA2: “Cooperation for innovation and the exchange of good practices”.

SAFE FISHING desenvolveu, como produto final, un “Programa de formación estandarizado a nivel Europeo para o control dos riscos laborais no sector da pesca de arrastre” tanto en formato dixital como en formato audiovisual (“DVD: SAFE FISHING”) co fin de formar e informar os traballadores sobre os riscos laborais aos que están expostos no desenvolvemento das súas actividades diarias, así como as medidas adecuadas para previlos.

Descargas