Congreso Prevencionar 2017_Outubro_Madrid


Data de inicio: 05 de Outubro , 2017
Data de fin: 06 de Outubro , 2017
Ámbito: Internacional
Lugar de celebración: Madrid


Baixo o lema “Compartindo coñecemento e ilusión ao redor da saúde, seguridade e benestar no traballo”, convócase o I CONGRESO PREVENCIONAR.

O Congreso Prevencionar nace co obxectivo de concienciar á sociedade sobre a importancia da prevención de riscos laborais nas organizacións.

Pretende dar exemplo e extensión ás boas prácticas realizadas polas persoas, asociacións, empresas, entidades, etc., que realizan un labor destacable no campo da seguridade e saúde no traballo e a promoción da saúde nas contornas laborais.

O I Congreso Prevencionar celebrarase na cidade de Madrid os próximos días 5 e 6 de Outubro de 2017. Aspírase a que sexa un evento bienal, de referencia no sector, onde se dean cita profesionais que desexen coñecer as últimas tendencias e mellores prácticas.