Salón Internacional de la Construcción_SICO 2017_Vigo


Data de inicio: 05 de Maio , 2017
Data de fin: 07 de Maio , 2017
Ámbito: Internacional
Lugar de celebración: Instituto Feiral de Vigo_Avda. do Aeroporto, 772 (Cotogrande)_VIGO


SICO, Feira da Construción de Galicia, quere servir de revulsivo a un sector que necesita novas formas de comercialización así como adaptarse ás novas técnicas e requisitos que esixen os consumidores.

A nova edición de SICO en maio de 2017 pretende seguir o camiño percorrido en anteriores edicións para situarse entre os primeiros salóns de referencia a nivel nacional e prestar unha especial atención ao mercado portugués.

Buscando as sinerxias e oportunidades do sector, o Salón Internacional da Construción 2017 contará de novo coa participación das empresas máis importantes do sector e as entidades representativas dos subsectores da construción.

Á aposta desta feira por impulsar a construción despois da desaceleración económica, súmanse nesta edición novos sectores estratéxicos e axentes afíns que singularizarán a oferta expositiva de Sico.

Un novo enfoque para 2017:

  • Un evento focalizado nas novas técnicas e novidades nos materiais.
  • Un evento orientado á formación ao sector.
  • Un evento que dirixe a súa mirada ao aforro enerxético e, por que non, á polémica sobre o autoconsumo
  • Un evento onde o público final poderá ver demostracións en directo sobre o uso de novos materiais e técnicas de construción.
  • Un evento referente no mercado inmobiliario onde as inmobiliarias poidan presentar ao cliente as súas "ofertas"