PREVISEL, 14º Salón da prevención e seguridade laboral


PREVISEL, 14º Salón da prevención e seguridade laboral

Data de inicio: 25 de Abril , 2018
Data de fin: 26 de Abril , 2018
Ámbito: España
Lugar de celebración: Expourense_Ourense


Previsel é un escaparate especializado, onde se presentan produtos e servizos, dende un punto de vista práctico no ámbito da seguridade laboral.

En Previsel danse cita os expertos do sector co obxectivo de xuntar os seus coñecementos e esforzos en materia de prevención. Nesta cita a Administración, patronal e os sindicatos seguen traballando na mellora da cultura preventiva e hábitos saudables. O salón convértese un ano máis, nun punto de encontro de provedores e distribuidores e nunha oportunidade para os profesionais do sector co fin de intercambiar experiencias e actualizarse en torno aos últimos avances.

Previsel divídese en dúas áreas:
  • Comercial: exposición de produtos e servizos.
  • Formativa: o programa conta con xornadas técnicas e talleres orientados tanto ao empresario, coma a traballadores e futuros profesionais
 
O Issga colabora neste evento nas seguintes actividades:
 
1. Organización e impartición de dúas xornadas técnicas:
 
  • 25 de abril de 2019. 11:30 horas.
  • 25 de abril de 2019. 12:00 horas.

Previsel_Coidado das persoas con dependencia_Factores biolóxicos e psicosociais

 

 2.  Participación do persoal técnico do ISSGA en xornadas informativas:

  • Xornada informativa "A invisibilidade do cáncer laboral" - 25 de abril ás 10:00 horas

José Rega Piñeiro, xefe do Centro Issga - A Coruña e Teresa Pérez Blanco, xefa area Técnica de Medicina do Traballo e Ergonomía e Psicoloxía Aplicada do Centro Issga - Ourense