Día Mundial da Seguridade e a Saúde no Traballo_2017


Data de inicio: 28 de Abril , 2017
Data de fin: 28 de Abril , 2017
Ámbito: Internacional
Lugar de celebración: Centros Issga da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra


A Organización Internacional do Traballo (OIT) celebra o Día Mundial da Seguridade e a Saúde no Traballo o 28 de abril co fin de promover a prevención de accidentes de traballo e enfermidades profesionais en todo o mundo. Se trata dunha campaña de sensibilización cuxo obxectivo é centrar a atención a nivel internacional sobre as novas tendencias no ámbito da seguridade e a saúde no traballo e sobre a magnitude das lesións, enfermidades e mortes relacionadas co traballo.

A celebración do Día Mundial da Seguridade e a Saúde no Traballo forma parte da Estratexia global en materia de seguridade e saúde no traballo da OIT, a cal promove o fomento dunha cultura de prevención en materia de seguridade e saúde para todas as partes implicadas. En moitas partes do mundo, as autoridades nacionais, os sindicatos, as organizacións de traballadores e os profesionais do sector de seguridade e saúde organizan actividades para celebrar esta data.

O tema da campaña para este ano é “Optimizar a compilación e o uso de datos sobre Seguridade e Saúde no Traballo”. 

A Sociedade da Información, que avanza acelerada, facilita, a través da compilación de datos, a creación de sistemas que provén indicadores permitindo proxectar, case inmediatamente, a información sobre a planificación de accións concretas baseadas en datos obxectivos. A calidade e validez das fontes de información representa, sen dúbida, un tema prioritario na nosa contorna.

Un Sistema de Información en Seguridade e Saúde no Traballo (SE-SST) representa unha suma de elementos creada para recoller, procesar, analizar e transmitir a información necesaria co obxecto de apoiar a formulación, desenvolvemento, seguimento e avaliación das políticas de prevención de riscos laborais. Este proceso de compilación debe comezar por coñecer as fontes existentes, os obxectivos para os que foron creadas, as súas fortalezas e debilidades, a súa utilidade para ser integradas; e finalmente, a súa capacidade de xerar indicadores que permitan un eficaz diagnóstico de situación, así como unha análise prospectivo e sistemático que faciliten a planificación, implementación e avaliación de programas dirixidos á mellora da seguridade e benestar da poboación traballadora.

Invitámoslle a que se unha a nós na celebración deste día tan importante, participando nas diversas actividades formativas e informativas que organiza o Issga:

 

 

 

Pantallazo Día Mundial_baja

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Ademais destas xornadas técnicas que teñen lugar nos nosos centros provinciais, organizamos xornadas educativas en centros educativos e colaboramos con outras entidades na realización de diversos actos con motivo deste Día Mundial da Seguridade e a Saúde no Traballo, que de seguido se indican:

 

XORNADAS DIVULGATIVAS EN CENTROS EDUCATIVOS

  • CEIP Xesús San Luís Romero de Carballo o 24 de abril
  • IES Lois Peña Novo de Vilalba o 28 de abril
  • IES Chamoso Lamas do Carballiño o 28 de abril
  • CIFP Valentín Paz Andrade de Vigo o 28 de abril

 

ACTOS EN COLABORACIÓN

  • XVI Xornadas Galegas sobre Condicións de Traballo e Saúde organizadas pola Asociación de Graduados Sociais de Ferrol do 25 ao 27 de abril

Participación da directora do Issga, Adela Quinzá-Torroja García, cun relatorio sobre o Plan de Actividades do Issga para 2017

  • Xornada sobre o risco químico, organizada pola Confederación de Empresarios de Coruña o 28 de abril

Participación de Lucía Ferrón Vidán, xefa da sección de Hixiene Industrial do Issga, cun relatorio sobre “A avaliación do risco químico: problemática e experiencias prácticas"

  • Semana da Seguridade, Saúde e Medio Ambiente, organizada por GKN Driveline en Vigo

Participación de Nieves Lorenzo Espeso, xefa do Equipo Técnico de Medicina Laboral do Centro ISSGA da Coruña cunha charla dentro da campaña de empresas saudables, “No horizonte, a empresa segura e saudable”

  • Encontro cos delegados e delegadas da Unión Comarcal de CCOO da Coruña o 28 de abril

Participación de José Millan Fernández Borque, técnico de seguridade e saúde laboral do Centro Issga de Ourense, para valorar a situación da prevención de riscos laborais

 

O ISSGA, como órgano técnico en materia de seguridade e saúde laboral da Administración galega, debe ser referente na difusión do coñecemento en materia preventiva, concentrando nos seus centros accións formativas, non só propias, senón tamén en colaboración con outras entidades e órganos técnicos especializados, de xeito que se convertan en focos de transmisión de saber preventivo e axuden a acadar unha auténtica cultura preventiva en toda a sociedade.