Programas específicos

Portada do programa

Programa de recoñecementos médicos específicos para os traballadores/as autónomos/as

O ISSGA ofrécelles aos/ás traballadores/as autónomos/as en xeral e socios/as cooperativistas que teñan a condición de traballador/a autónomo/a, que coticen no RETA (Réxime Especial de Traballadores Autónomos), incluídos os/as do Sistema Especial de Traballadores Agrarios, a posibilidade de realizar un recoñecemento médico dirixido a favorecer a detección de enfermidades profesionais ou patoloxías laborais propias da súa actividade laboral.
 

Grupo de traballo CANO

Os Institutos de Seguridade e Saúde Laboral de Euskadi, Cantabria, Asturias e Galicia veñen desenvolvendo desde hai anos actividades no campo da prevención de riscos laborais en beneficio dos empresarios e traballadores das súas respectivas comunidades autónomas.

Mapa de Risco Ergonómico

Proxecto que consiste na elaboración dun “MAPA DE RISCO ERGONÓMICO DE GALICIA”. O obxectivo deste proxecto é o de recoller datos sobre a presenza do risco, a avaliación deste e as medidas preventivas que se toman nas empresas da nosa comunidade autónoma para poder así exercer o noso labor con coñecemento da situación e actuar preventivamente, prestando asesoramento e asistencia técnica centrada na correcta xestión do risco ergonómico asociado a carga física.

 

Promoción da saúde no traballo

O Programa europeo de promoción da saúde nos centros de traballo, liderado polo Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo, ten por obxectivos mellorar a organización e as condicións de traballo, promover a participación activa e fomentar o desenvolvemento individual.

O ISSGA, adheríndose a este programa, pretende propiciar que empresas galegas traballen nesta contorna máis aló das súas obrigacións en materia de prevención de riscos laborais.

Prevención10

Prevencion10.es

Prevencion10.es é un servizo público gratuíto de asesoramento en materia de prevención de riscos laborais para microempresas e traballadores autónomos.

Plataforma de xestion da mobilidade e a prevención de riscos laborais no tráfico

Plataforma de xestion da mobilidade e a prevención de riscos laborais no tráfico

O Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA) e o Real Club Automóbil de España (RACE) puxeron en marcha a Plataforma de mobilidade e a prevención de riscos laborais no tráfico que permitirá aos empresarios galegos cumprir coas súas obrigas preventivas nesta materia e reducir a accidentabilidade laboral relacionada co tráfico.