Plans e Memorias

Logotipo do plan

Plan de actividades 2012

A elaboración deste Plan, que comprende as principais liñas de traballo e actuacións técnicas que desenvolverá o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA) durante o ano 2012, circunscríbese ao seu carácter de órgano técnico en materia de prevención de riscos laborais, tal como o define a Lei 14/2007 que o crea e regula, e debe cinguirse aos fins e funcións que lle asigna no seu artigo 4. O cumprimento de ditas funcións marca unha liña de continuidade en moitas das actividades reflectidas neste documento, fundamentalmente, naquelas que se definen como de carácter permanente.

Portada do informe

Informe de actividade 2011

Sen querer ser exhaustivos, neste documento recóllense as principais liñas de actuación do ISSGA durante o 2011. As actuacións desenvólvense ao amparo do Plan estratéxico para a prevención de riscos laborais en Galicia 2011-2014.

 

Portada do documento

Plan de actividades 2011

A planificación das principais liñas de traballo e actuacións técnicas do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA) cara o ano 2011, dentro da liña de continuidade marcada polo cumprimento dos fins e funcións que a este organismo lle atribúe a Lei 14/2007, pola que se crea e regula, e que se reflicte na prosecución proxectos anteriores de carácter plurianual ou permanente, ven influenciada por algúns cambios importantes que se teñen producido recentemente

Portada do informe

Informe de actividade 2010

Con esta publicación preténdese dar a coñecer, de xeito responsable e transparente, a actividade do equipo humano do ISSGA, e poñer en valor a necesaria asunción da prevención de riscos laborais polo tecido empresarial, traballadores e traballadoras e, en xeral, pola sociedade galega.
 

Plan Estratéxico de Prevención contra os Riscos Laborais 2006-2010

Plan Estratéxico de Prevención contra os Riscos Laborais 2006-2010

Plan de Actividades 2010

Plan de Actividades do ISSGA para o ano 2010.