Laboratorio de referencia de hixiene analítica


SERVIZO DE DETERMINACIÓNS ANALÍTICAS

o Obxecto: O ISSGA pon a disposición dos/as interesados/as o servizo consistente na realización de determinacións analíticas de mostras ambientais e biolóxicas procedentes da exposición a axentes químicos. Este servizo lévase a cabo a través do Laboratorio de referencia de hixiene analítica, situado no centro do ISSGA en Pontevedra.

o  Destinatarios:

• Servizos de prevención alleos.
• Servizos de prevención propios ou mancomunados.
• Empresas privadas
• Administracións públicas

o Procedemento de solicitude:

O modelo de solicitude está nun formato editable, que permite a súa cobertura utilizando un ordenador. Unha vez cuberto, deberá imprimilo e asinalo.

Ao final desta páxina ten a súa disposición:

• O modelo de solicitude
• As instrucións que debe seguir para a liquidación do prezo privado de aplicación e para a remisión das mostras que se van analizar.
• A listaxe de análises que se poden solicitar.

Estes servizos están suxeitos a prezos privados, pudendo consultalos no documento informativo que ten a súa disposición ao final desta páxina. Xunto coa solicitude deberá achegar o documento xustificativo da liquidación do prezo correspondente.

A solicitude asinada, xunto coa mostra/as que se vai/an analizar e o documento xustificativo do pagamento do prezo privado, deberá remitilo a:
Laboratorio de referencia de hixiene analítica:
Enderezo: Camiño Coto do Coello, nº 2.
36812 Rande – Redondela – Pontevedra
Teléfono: 886 218 100
Fax: 886 218 102

o Documentación á que ten acceso a través desta páxina web:

• Solicitude de realización de determinacións analíticas.
• Instrucións dirixidas ao solicitante para a liquidación do prezo privado de aplicación e para a remisión das mostras que se van analizar.
• Listaxe de análises de mostras ambientais e biolóxicas que se poden solicitar.
• Orde do 24 de febreiro de 2012, da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se establecen os prezos privados pola realización de determinacións analíticas.
• Listaxe de prezos a satisfacer pola realización de determinacións analíticas.