Prevención de TME e sobreesforzos

No ámbito laboral, os trastornos músculo esqueléticos TME son unha das enfermidades máis frecuentes e supoñen un importante problema de saúde, tanto polo custo na calidade de vida das persoas como polo custo económico e social que supón para as organizacións.
Estímase que en Europa uns 40 millóns de traballadores padecen TME causados polo traballo. En Galicia máis dunha terceira parte dos accidentes de traballo en xornada laboral débense a sobreesforzos e ao redor dun 70% das enfermidades profesionais comunicadas son lesións de tipo musculo-esquelético.
O ISSGA consciente desta problemática en relación aos trastornos músculo esqueléticos, levou a cabo distintas actuacións co obxectivo da mellora na prevención e redución dos factores de risco que poden causar este tipo de lesións.
De seguido, pódese acceder a diversos recursos elaborados polo ISSGA:
Campaña Teletraballa con prevencion
Mobilización de persoas con movilidade reducida
Tríptico_Mobilización de persoas con movilidade reducida
Carteis_Mobilización de persoas con movilidade reducida
Folla de prevención nº 46 - Os trastornos musculoesqueléticos de orixe laboral
Mapa do Rsco Ergonómico de Galicia
Prevención dos trastornos musculoesquéticos no sector da conserva de atún_Cartel
Prevención dos trastornos musculoesquéticos no sector da conserva de atún_Tríptico
Guía de boas prácticas. Prevención de trastornos musculoesqueléticos nas explotacións de gando vacún
Prevención de trastornos musculoesqueléticos nas explotación de gando vacún_Cartel
Prevención de trastornos musculoesqueléticos nas explotacións de gando vacún_Tríptico
Os Lembra do Issga_Pesca_Prevención de transtornos musculoesqueléticos
Prevención de damnos músculo-esqueléticos nas traballadoras do mar
Folla de prevención nº 31 - Mobilización de pacientes: avaliación do risco. Método MAPO