Programa de recoñecementos médicos específicos para os traballadores/as autónomos/as


Portada do programa

En 2022, segundo o indicado no plan de actividades do ISSGA, os recoñecementos médicos realizaranse soamente dentro dos estudos epidemiolóxicos a determinados colectivos e que este ano serán os de mariscadoras, redeiras e outros do sector do mar e do agro.

Ao tratarse de actuacións que requiren un nivel de protección de datos persoais máximo non se dará resposta ás solicitudes de terceiros nesta materia.

Para máis información as persoas interesadas poden poñerse en contacto co ISSGA a través da conta de correo electrónico indicada a continuación.