Campaña de concienciación e sensibilización en prevención de riscos laborais


O Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA) puxo en marcha unha campaña de sensibilización, ‘Coa prevención de riscos no traballo a vida espérate’, coa que pretende concienciar e sensibilizar a toda a sociedade en xeral sobre a importancia da prevención laboral.

A súa finalidade é concienciar non só da necesidade de reducir os accidentes de traballo e as enfermidades profesionais, senón ir máis alá, e amosar as vantaxes da prevención como instrumento de mellora das condicións de traballo.

O principal obxectivo é informar sobre os beneficios da prevención, de aí que escolleramos un lema positivo, "A vida espérate”.

O que queremos é que ao ISGGA se lle identifique como un instrumento proactivo para que a prevención de riscos laborais se instale no traballo cotiá dos galegos e galegas.