
O Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA) comezou o pasado luns, 15 de decembro, unha campaña de sensibilización, formación e concienciación da sociedade sobre a necesidade da prevención de riscos laborais, co lema “Detrás de cada medida de seguridade, hai unha vida protexida. A prevención de riscos laborais é cousa de todos”.
A Escola de Prevención de Riscos Laborais pretende ser un espazo físico onde se dá resposta á necesidade formativa de docentes, educadores, escolares e da cidadanía galega en xeral no ámbito da prevención, promulgando e ofertando accións para a infancia, xuventude, persoas adultas, asociacións e colectivos de toda índole e condición.
A etiqueta constitúe a primeira fonte de información sobre un produto químico. O considerar e clasificar unha substancia ou unha mestura de substancias químicas como perigosa ven determinado regulamentariamente. Igualmente ven determinado por lexislación o envasado e etiquetaxe dos produtos químicos perigosos.
O ISSGA colabora co RACE e ANFABRA nunha campaña para fomentar os hábitos saudables ao volante entre os traballadores galegos.
• A campaña conta con materiais que se distribuirán entre as empresas, así como un soporte de formación en liña a través da Academia do Real Automóvil Club de España (RACE)
• Inclúe a distribución de 10.000 dípticos informativos, así como a celebración de 100 cursos de formación en liña en materia de seguridade viaria para responsables de prevención de riscos nas empresas
• A fatiga provoca unha diminución de atención ao volante, aumenta nun 86% o tempo de reacción ante un obstáculo e fai que se deixen de ver o 40% dos sinais
• Tomar uns minutos de descanso, estirar as articulacións ou beber un refresco poden previr os sinistros na condución
A aplicación educativa multimedia "O libro máxico de Moitollo" promovida pola Xunta de Galicia, ten por obxectivo fomentar entre a mocidade a cultura preventiva como unha opción de vida, así como impulsar a utilización das novas tecnoloxías.
Os profesionais do sector hostaleiro e do comercio da provincia de Pontevedra vanse beneficiar dunha iniciativa orientada a favorecer actitudes máis ergonómicas no desenvolvemento do traballo e a adoptar medidas preventivas para evitar as lesións producidas por sobreesforzos.