Campañas

Integración da perspectiva de xéneno no sistema de xestión da prevención de riscos laborais na empresa

Esta campaña, que ten como soportes documentais un tríptico e un cartel, ten como finalidade fomentar o coñecemento de boas prácticas de seguridade e saúde laboral desde unha perspectiva de igualdade de xénero.

Móvete

Móvete! E reduce o sedentarismo na oficina é unha campaña dirixida a que os traballadores e traballadoras adquiran unha serie de hábitos e pautas saudables para reducir o sedentarismo no traballo fomentando un estilo de vida máis saudable e, polo tanto, un emprego de calidade.

Campaña de boas prácticas na industria conserveira para previr os riscos laborais

A Xunta de Galicia, a través do Instituto Galego de Seguriadade e Saúde Laboral (ISSGA), vén de poñer en marcha unha campaña de boas prácticas na industria conserveira para fomentar a prevención dos riscos laborais neste sector.

Campaña de concienciación e sensibilización en prevención de riscos laborais

A súa finalidade é concienciar non só da necesidade de reducir os accidentes de traballo e as enfermidades profesionais, senón ir máis alá, e amosar as vantaxes da prevención como instrumento de mellora das condicións de traballo.

 

Campaña de mellora da calidade da información dos partes de accidentes de traballo

O obxectivo da campaña, en colaboración coa Colexios Oficiais de Graduados Sociais da Coruña e Ourense, de Lugo e de Pontevedra, é incrementar o máis posible a mellora da información que debe figurar nos distintos campos do parte de accidente de traballo, para conseguir que sexa real, veraz e o máis comprensible posible.

Protección da maternidade

O obxectivo da campaña é proporcionar unha ferramenta para fomentar o coñecemento das obrigas do empresariado e dos dereitos das traballadoras relativas á protección da maternidade.