
O obxectivo da campaña é proporcionar unha ferramenta para fomentar o coñecemento das obrigas do empresariado e dos dereitos das traballadoras relativas á protección da maternidade.
Presentouse no centro Issga de Pontevedra unha nova campaña do ISSGA sobre a prevención de riscos laborais na montaxe e desmontaxe de escenarios.
O seu obxectivo é concienciar aos traballadores e traballadoras da importancia da prevención de riscos laborais e, polo tanto, da implantación de boas prácticas relacionadas coa saúde o benestar no eido laboral.
Portal de prevención de riscos laborais para os traballadores autónomos.
A actuación pretende alertar e concienciar dos riscos do manexo do tractor e dos seus apeiros e achegar á poboación recomendacións básicas para evitar ou minimizar ao máximo os accidentes neste tipo de vehículos.
A campaña consiste na difusión de material informativo sobre a importancia da utilización do chaleco salvavidas e a súa correcta colocación. En concreto trátase de explicar cales son os motivos para utilizar o chaleco salvavidas, indicar a necesidade de elixir o axeitado en función das circunstancias existentes, incidir na importancia de utilizalo mentres se traballa na cuberta da embarcación, dar indicacións básicas sobre o almacenamento e mantemento e unha especial referencia á correcta colocación.