
A Xunta de Galicia, a través do Instituto Galego de Seguriadade e Saúde Laboral (ISSGA), vén de poñer en marcha unha campaña de boas prácticas na industria conserveira para fomentar a prevención dos riscos laborais neste sector.
A súa finalidade é concienciar non só da necesidade de reducir os accidentes de traballo e as enfermidades profesionais, senón ir máis alá, e amosar as vantaxes da prevención como instrumento de mellora das condicións de traballo.
Campaña que se levará a cabo nos centros especiais de emprego asociados a Cegasal e que ten por obxecto ofrecer en cada centro de traballo información práctica sobre prevención de riscos laborais.
Campaña con diversos documentos técnicos elaborados polo ISSGA en relación coa prevención de riscos laborais na actividade forestal.
O obxectivo principal desta actuación é concienciar e reducir a sinistralidade neste sector, especialmente no campo rural, sensibilizando á poboación para que incorpore nas súas tarefas cotiás a prevención de riscos para evitar accidentes na súa contorna e na circulación en vías públicas.
O obxectivo da campaña, en colaboración coa Colexios Oficiais de Graduados Sociais da Coruña e Ourense, de Lugo e de Pontevedra, é incrementar o máis posible a mellora da información que debe figurar nos distintos campos do parte de accidente de traballo, para conseguir que sexa real, veraz e o máis comprensible posible.