Campañas

Corta polo pé

Campaña destinada ao sector forestal co obxectivo de reducir os accidentes laborais neste sector.

Traballos en cubertas_O importante é baixar con vida

Esta campaña ten como obxectivo sensibilizar ás empresas e traballadores autónomos que executan estes traballos, así como aos titulares dos edificios, sobre este risco e facilitar os criterios técnicos que se deben seguir para que estas tarefas realícense con seguridade, para reducir estes accidentes.

Plan Nacional de Sensibilización en seguridade e saúde para o sector pesqueiro

O Plan Nacional de Sensibilización en Seguridade e Saúde para o Sector Pesqueiro xorde no seo do Grupo de Traballo Sector Marítimo Pesqueiro (SMP) da Comisión Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo (CNSST), do que forma parte o Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA).

Protexe o traballo do persoal veterinario na túa explotación de gando vacún

Esta campaña, realizada en colaboración da Consellería do Medio Rural. pretende concienciar da importancia da prevención deste riscos laborais existentes nas explotacións de gando vacún e indicar as medidas e recomendacións preventivas que permitan eliminalos ou reducilos.

Fai da túa explotación de gando vacún un lugar seguro e saudable

Esta campaña pretende concienciar da importancia da prevención dos riscos laborais existentes nas explotacións de gando vacún e indicar as medidas e recomendacións preventivas que permitan eliminalos ou reducilos. Na elaboración do contido dos documentos tivéronse en conta a tipoloxía e as causas dos accidentes dos accidentes recollidas nos partes de comunicación de accidentes.

Amianto

Aínda que en España está prohibida a utilización e comercialización do amianto dende o 14 de decembro de 2002, e no ámbito da Unión Europea prohibiuse a utilización de todo tipo de amianto dende o 1 de xaneiro de 2005. O amianto, que foi amplamente utilizado no pasado, continúa formando parte de numerosos materiais presentes en edificios, instalacións industriais, maquinaria, vehículos de transporte...