Campañas

Corta polo pé

Campaña destinada ao sector forestal co obxectivo de reducir os accidentes laborais neste sector.

Traballos en cubertas_O importante é baixar con vida

Esta campaña ten como obxectivo sensibilizar ás empresas e traballadores autónomos que executan estes traballos, así como aos titulares dos edificios, sobre este risco e facilitar os criterios técnicos que se deben seguir para que estas tarefas realícense con seguridade, para reducir estes accidentes.

A túa vida, sen voltas

Esta campaña realizada polo ISSGA en colaboración co INSST promove o uso seguro do tractor nos sectores agrario e forestal.

Teletraballa con prevención

Co obxecto de que este traballo a distancia se leve a cabo dentro das mellores condicións posibles de seguridade e saúde, o ISSGA levará a cabo esta campaña de sensibilización para facilitar as recomendacións e as medidas preventivas máis apropiadas para desenvolver esta actividade.

Amianto

Aínda que en España está prohibida a utilización e comercialización do amianto dende o 14 de decembro de 2002, e no ámbito da Unión Europea prohibiuse a utilización de todo tipo de amianto dende o 1 de xaneiro de 2005. O amianto, que foi amplamente utilizado no pasado, continúa formando parte de numerosos materiais presentes en edificios, instalacións industriais, maquinaria, vehículos de transporte...

Posición neutra de traballo en posición sentado

Prevención de TME e sobreesforzos

No ámbito laboral, os trastornos músculo esqueléticos TME son unha das enfermidades máis frecuentes e supoñen un importante problema de saúde, tanto polo custo na calidade de vida das persoas como polo custo económico e social que supón para as organizacións.