Grupo de traballo CANO


Os Institutos de Seguridade e Saúde Laboral de Euskadi, Cantabria, Asturias e Galicia veñen desenvolvendo desde hai anos actividades no campo da prevención de riscos laborais en beneficio dos empresarios e traballadores das súas respectivas comunidades autónomas. Pero tamén son conscientes de que moitas das realidades ás que fan fronte son comúns, polo que a colaboración e a suma de esforzos tórnase necesidade, máis aínda no momento que vivimos, no que é obrigado aproveitar ao máximo os recursos dispoñibles e no que en todas as parcelas e sectores de actividade deben primar as sumas e as sinerxias que se crean ao traballar de maneira conxunta.


A pesca é unha destas realidades comúns, en tanto que está intimamente ligada á vida social e económica das catro comunidades autónomas. Así, as Direccións dos seus Institutos de Seguridade e Saúde Laboral acordaron desenvolver un traballo conxunto neste sector: un sector que presenta, sen dúbida, especificidades en cada comunidade, pero cuxos puntos en común son o máis significativo e determinante. Por esta razón, tomaron a decisión de impulsar a elaboración desta Guía de Vixilancia da Saúde, constituíndo un grupo multidisciplinar de técnicos e médicos dos devanditos Institutos, que a desenvolveron paso a paso atendendo aos principios da Lei de Prevención de Riscos Laborais, é dicir, desde o coñecemento dos postos de traballo e dos riscos asociados ao seu desempeño.


Os catro Institutos asinaron o pasado 7 de febreiro de 2014 un Protocolo para o establecemento das bases de actuación do Grupo de traballo CANO.


Na seguinte ligazón poderán coñecer os proxectos, publicacións, noticias  e outra información de interese relacionada  coa  actividade deste grupo de traballo.