Campaña de prevención de riscos no tractor


PRESENTACIÓN
Melide, 19 de diciembre de 2017
 

MOTIVACIÓN

  • Elevado número de accidentes que teñen o tractor como axente material

  • Incremento dos accidentes mortais causados polo tractores

  • A maioría deste accidentes son sinistros non laborais sendo a idade media da maior parte dos sinistros de máis de 65 anos

  • A meirande parte deles prodúcense cando se realizan tarefas agrarias ou nos seus desprazamentos

  • A envorcadura é a principal causa dos accidentes mortais seguida polo atrapamento na toma de forza e polos de circulación

Factores que inciden na sinistralidade

  • Importante dispersión xeográfica da poboación e elevada atomización e dispersión da propiedade

  • Significativo peso do sector agrario en Galicia e singularmente na provincia de Lugo

  • Envellecemento da poboación, especialmente no medio rural

  • Envellecemento do parque de maquinaria agrícola

  • Multiplicidade dos riscos no manexo do tractor: atrapamento por envorcadura, atrapamento entre obxectos, golpes contra obxectos en movemento, etc.

  • Poboación exposta alcanza non só aos agricultores a título principal senón tamén: familiares directos, xubilados, agricultores a tempo parcial, outros traballadores non afiliados pola agraria, etc

  • Falta de horarios de traballo definidos, a dureza e exixencia física de moitos traballos agrícolas, factores ambientais, etc., que incide na sinistralidade do sector

  • Uso do tractor coma medio de desprazamento en zonas rurais

  • Situación especial cando o traballador autónomo contrata a un ou varios traballadores, de xeito que debe cumprir a Lei de prevención de riscos laborais

OBXECTIVO

O obxectivo da campaña é chegar á poboación rural que utiliza o tractor coas seguintes mensaxes:

  • Alertar e concienciar dos riscos do manexo do tractor e dos seus apeiros

  • Informar de cales son as causas máis recorrentes dos sinistros

  • Achegar recomendacións básicas, que de terse sempre en conta evitarían os accidentes, ou cando menos, minimizarían a súas consecuencias, xa que, desgraciadamente, moitas veces as lesións son graves e mortais.

 ÁREA DE ACTUACIÓNS

Farase difusión en 119 concellos do rural gallego:
  • 35 na Coruña
  • 30 en Lugo
  • 27 en Ourense
  • 27 en Pontevedra

SOPORTES

En dous formatos, cartel e folleto, se recolle a información técnica en catro ámbitos que se consideran os máis relevantes na prevención dos riscos e pola súa incidencia causal nos accidentes con tractor como son:

  • a seguridade viaria

  • a protección da toma de forza e do eixo cardánico

  • as proteccións do tractor fronte a envorcadura

  • medidas contra a envorcadura

 

1. Cartel

- Tamaño 50x70cm

- 3.000 exemplares impresos en galego

- Versión dixital en galego e castelán

 

2. Folleto

- Deseño de 6 fichas en tamaño 21x21

- 10.000 exemplares en galego e 1.000 en castelán

- Versión dixital en galego e castelán