Campaña de prevención de riscos no tractor

MOTIVACIÓN
-
Elevado número de accidentes que teñen o tractor como axente material
-
Incremento dos accidentes mortais causados polo tractores
-
A maioría deste accidentes son sinistros non laborais sendo a idade media da maior parte dos sinistros de máis de 65 anos
-
A meirande parte deles prodúcense cando se realizan tarefas agrarias ou nos seus desprazamentos
-
A envorcadura é a principal causa dos accidentes mortais seguida polo atrapamento na toma de forza e polos de circulación
Factores que inciden na sinistralidade
-
Importante dispersión xeográfica da poboación e elevada atomización e dispersión da propiedade
-
Significativo peso do sector agrario en Galicia e singularmente na provincia de Lugo
-
Envellecemento da poboación, especialmente no medio rural
-
Envellecemento do parque de maquinaria agrícola
-
Multiplicidade dos riscos no manexo do tractor: atrapamento por envorcadura, atrapamento entre obxectos, golpes contra obxectos en movemento, etc.
-
Poboación exposta alcanza non só aos agricultores a título principal senón tamén: familiares directos, xubilados, agricultores a tempo parcial, outros traballadores non afiliados pola agraria, etc
-
Falta de horarios de traballo definidos, a dureza e exixencia física de moitos traballos agrícolas, factores ambientais, etc., que incide na sinistralidade do sector
-
Uso do tractor coma medio de desprazamento en zonas rurais
-
Situación especial cando o traballador autónomo contrata a un ou varios traballadores, de xeito que debe cumprir a Lei de prevención de riscos laborais
OBXECTIVO
O obxectivo da campaña é chegar á poboación rural que utiliza o tractor coas seguintes mensaxes:
-
Alertar e concienciar dos riscos do manexo do tractor e dos seus apeiros
-
Informar de cales son as causas máis recorrentes dos sinistros
-
Achegar recomendacións básicas, que de terse sempre en conta evitarían os accidentes, ou cando menos, minimizarían a súas consecuencias, xa que, desgraciadamente, moitas veces as lesións son graves e mortais.
ÁREA DE ACTUACIÓNS
SOPORTES
En dous formatos, cartel e folleto, se recolle a información técnica en catro ámbitos que se consideran os máis relevantes na prevención dos riscos e pola súa incidencia causal nos accidentes con tractor como son:
-
a seguridade viaria
-
a protección da toma de forza e do eixo cardánico
-
as proteccións do tractor fronte a envorcadura
-
medidas contra a envorcadura
1. Cartel
- Tamaño 50x70cm
- Versión impresa e dixital en galego e castelán
2. Folleto
- Deseño de 6 fichas en tamaño 21x21
- Versión impresa e dixital en galego e castelán