PRL na actividade forestal: alertas ISSGA


Campaña con diversos documentos técnicos elaborados polo ISSGA en relación coa prevención de riscos laborais na actividade forestal.

O obxectivo destas actuacións é buscar unha maior eficacia na loita contra a sinistralidade laboral no sector forestal, un ámbito polo que a Xunta está apostando para incrementar o potencial da súa industria, con documentos que perseguen dar solución ás necesidades demandadas polo sector dun xeito didáctico e comprensible.

Alerta ISSGA_Recomendacións preventivas de actuación ante árbores apoiadas / enganchadas

Documento técnico elaborado polo grupo de traballo de prevención de riscos laborais no sector forestal do ISSGA formado por técnicos do ISSGA, dos servizos de prevención propios das principais empresas madereiras de Galicia e de Confemadera, con consellos no ámbito da prevención de riscos laborais para os traballos que se desenvolven ante árbores apoiadas enganchadas.

Dispoñibles en galego, castelán e romanés

Alerta ISSGA_Recomendacións preventivas de actuación ante árbores sentadas

Documento técnico elaborado polo grupo de traballo de prevención de riscos laborais no sector forestal do ISSGA formado por técnicos do ISSGA, dos servizos de prevención propios das principais empresas madereiras de Galicia e de Confemadera con consellos no ámbito da prevención de riscos laborais para os traballos que se desenvolven ante árbores sentadas.

Dispoñibles en galego, castelán e romanés.

Aplicación móbil Alerta ISSGA

Recóllense as principias recomendacións a seguir para acadar neste eido un traballo máis seguro e, polo tanto, de máis calidade e máis competitivo. Trátase dunha APP coa que se pretende chegar de xeito accesible e doado aos traballadores.

Placa PAS_Emerxencia sector forestal

Vinilo con información básica das medidas de emerxencia e do protocolo PAS (Protexer, Avisar e Socorrer) a seguir ante un sinistro no monte coa finalidade de que se coloquen nos vehículos que se utilizan para traballar no monte.