PRL na montaxe e desmontaxe de escenarios


Rande-Redondela, 11 de maio de 2018. Presentouse no centro Issga de Pontevedra unha nova campaña sobre a prevención de riscos laborais na montaxe e desmontaxe de escenarios, no marco dunha xornada técnica.

Esta actividade está recollida no Plan anual de actividades do instituto e forma parte das actuacións de asesoramento, información e sensibilización específicas para reducir a sinistralidade laboral no sector da industrial musical e de espectáculos públicos, en concreto na actividade de montaxe e desmontaxe de escenarios públicos.

A súa finalidade é sensibilizar sobre a PRL neste sector e fomentar a adquisición dunha conciencia preventiva no sector mediante a elaboración de documentación técnica como a que hoxe se presentou no Centro Issga de Pontevedra.

Os documentos que compoñen esta campaña son, en primeiro lugar, unha nova edición nun dos formatos de referencia do Issga, como son as Follas de prevención, denominada “Prevención de riscos laborais na montaxe e desmontaxe de escenarios”, realizada en colaboración coa Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM). Esta é a primeira das colaboracións previstas coa AGEM en materia de prevención de riscos laborais.

Tamén forman parte desta actuación, dous trípticos e dous carteis nos que se detallan os aspectos más destacables da documentación de prl na montaxe de escenarios ou bancadas así como sobre a coordinación de actividades. Está a elaborarse un terceiro documento sobre ruído, tamén en formato tríptico e cartel, que completará a documentación desta campaña e que se publicará proximamente.

Esta acción formativa va dirixida a empresarios, mandos intermedios, traballadores e persoas con responsabilidade en materia preventiva e, en especial, en coordinación de actividades empresariais.

Na montaxe e desmontaxe de escenarios para espectáculos intervén moita normativa diferente, aínda que non existe ningunha especifica. Con esta actuación téntase elaborar unha folla de ruta para aplicar normativa doutros sectores á montaxe e desmontaxe de escenarios establecendo un paralelismo entre eles.

Durante a xornada abordáronse aspectos relacionados tanto cos riscos e medidas preventivas desta actividade, como coa coordinación de actividades nas fases de montaxe e desmontaxe e de celebración, así como a documentación de PRL precisa na montaxe dos diferentes tipos de escenarios ou bancadas (realizados con elementos de estada tubular, con outros elementos metálicos tubulares ou outros materiais ou mesmo escenarios móbiles).

Entre os aspectos que cómpre destacar no desenvolvemento destes traballos e que se recollen na documentación que se presenta hoxe, podemos destacar, entre outros:

  • Realizar antes de calquera evento unha reunión entre todas as empresas intervenientes, nesta reunión debería aclararse a responsabilidade de cada unha das empresas intervenientes, as súas funcións

  • Contratar a un coordinador de actividades empresariais e documentar a coordinación mediante un documento concreto para cada evento e se é necesario para as súas distintas fases

  • Realizar cálculos de estabilidade e resistencia dos escenarios e demais elementos que se monten se non responden a unha configuración tipo dun fabricante

  • Realizar un plan de montaxe, uso e desmontaxe dos escenarios e similares onde entre outras cousas indíquense os accesos aos distintos postos de traballo

  • Certificar a montaxe de escenarios e similares unha vez concluído a súa montaxe