Xoves, Febreiro 03, 2022
Reunión do Grupo técnico de traballo de amianto do Consello Galego de Seguridade e Saúde Laboral
Santiago de Compostela, 3 de febreiro de 2022. Hoxe reuniuse por videoconferencia o grupo técnico de traballo de amianto do Consello Galego de Seguridade e Saúde Laboral que foi posto en funcionamento por mandato do Consello Galego de Seguridade e Saúde Laboral e é coordinado polo Issga e no que participan técnicos da administración e das organizacións sindicais e empresariais.
Nesta reunión, a décimo sétima dende que comezou a súa andadura no ano 2012:
- Analizáronse os informes relacionados coa tramitacións dos plans de traballo en Galicia e nas diferentes CCAA
- Achegouse información sobre os talleres de prevención de traballos con amianto postos en marcha polo Issga que se levaron a cabo a finais do 2021
- Examinouse a nova norma UNE -171370 sobre localización e diagnóstico de amianto publicada en xaneiro de 2021