Novas

Venres, Abril 05, 2024

Hoxe tivo lugar no centro ISSGA de Pontevedra a terceira reunión da Mesa Técnica do Sector Naval

Foto reunión sector naval

Rande-Redondela, 5 de maio de 2024

A Mesa Técnica do Sector Naval de Vigo reuniuse hoxe, por terceira vez nos últimos seis meses, co obxectivo de avaliar, entre outras, propostas de actuacións para a mellora da xestión preventiva e para a redución da sinistralidade neste ámbito.

Na xuntanza de hoxe avaliáronse, en concreto, co sector, tanto as causas dos sinistros laborais nos estaleiros, como os puntos máis críticos na xestión preventiva. Ata o de agora identificouse a necesidade de mellorar a coordinación na xestión preventiva das actividades cando varias empresas actúan á vez. Para iso, o Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga) elaborou un documento técnico neste senso para dar unha resposta a estes casos.

Así mesmo, é preciso, segundo as conclusións da xuntanza celebrada hoxe, mellorar a formación e a revisión dos protocolos. Acordouse, ademais, o reforzo de actuacións de seguimento e control que desenvolven en coordinación o Issga e a Inspección de Traballo.