Formación

24/09/2024

Curso de prevención de riscos laborais en ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE. Nivel básico_En liña

  • Data: 24/09/2024 a 22/11/2024
  • Inscrición: 26/08/2024 a 05/09/2024
  • Duración: 60 horas
  • Prazas: 100
  • Lugar de celebración: En liña

O PRAZO DE INSCRICIÓN ABRIRASE O 26/08/2024 ÁS 09,00 HORAS E PECHARASE O 05/09/2024 ÁS 23,55 HORAS.

Este curso realizarase en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventuve, Participación e Voluntariado e coa Escola Galega de Administración Pública (EGAP), en virtude do convenio de colaboración EGAP_ISSGA, na modalidade de teleformación a través da aula virtual da EGAP. Está dirixido dirixido a toda a mocidade galega e aos profesionais da información xuvenil e do eido do tempo libre e voluntariado.

A solicitude para os cursos básicos de prevención de riscos laborais en liña farase, unha vez que se publique no Diario Oficial de Galicia a correspondente convocatoria, a través da zona de matrícula da EGAP en lugar de cubrir o formulario nesta páxina web, motivo polo que o dito formulario agora non aparece dispoñible. 

Para obter a acreditación correspondente será imprescindible a superación de todas as probas de avaliación, envío das actividades e o exercicio final.

Para solicitalos terá que ter unha conta na EGAP (pode creala en calquera momento) e matricularse no curso (no período de inscrición correspondente). De seguido se detallan as indicacións correspondentes:

CONTA NA EGAP (Pode crearse en calquera momento)

  • Se vostede xa ten unha conta creada na EGAP, terá que matricularse no curso no período de inscrición correspondente (Do 26/08/2024 ás 09,00 horas ata o 05/09/2024 ás 23,55 horas). Para elo, siga as instrucións que se indican no punto MATRÍCULA NO CURSO.

  • Se non ten conta na EGAP debe entrar na seguinte ligazón, cubrir os datos e premer en Tramitar alta. Unha vez cubertos os datos vostede xa estará rexistrado para poder  acceder co seu usuario e contrasinal e facer a matrícula no curso no período de inscrición correspondente (Do 26/08/2024 ás 09,00 horas ata o 05/09/2024 ás 23,55 horas). Para elo, siga as instrucións que se indican no punto MATRÍCULA NO CURSO

MATRÍCULA NO CURSO (durante o período de inscrición)

Logo de acceder cos seus datos á zona de matrícula, que pode facer premendo na ligazón que figura ao final desta páxina, Acceso á zona de matrícula, ou ben copiando a seguinte ligazón e pegándoa na barra de navegación do seu ordenador: https://egap.xunta.gal/cas/login?service=https%3A%2F%2Fegap.xunta.gal%2Fmatricula%2F, ten que solicitar o curso seguindo as seguintes instrucións:

1. ÁREAS DE FORMACIÓN: Coñecementos transversais

2. NOME DO CURSO: Prevención de riscos laborais en actividades de tempo libre. Nivel básico. ISSGA

3. EDICIÓN: Seleccione a que prefira.

Se ten relación co posto, marque esta casiña.

Prema SOLICITAR.

Para confirmar o envío da solicitude, esta deberá aparecer en solicitudes en prazo de matrícula.

Xa rematou o proceso de solicitude do curso; no prazo aproximado de quince días recibirá unha mensaxe comunicándolle se foi seleccionado para realizar este curso.

CONTIDO

Curso básico de prevención de riscos laborais de 60 horas, que corresponde ao contido mínimo do programa de formación para o desempeño das funcións de nivel básico, establecido no anexo IV-A) do Regulamento dos servizos de prevención, cun engadido sobre prevención de riscos laborais dende a perspectiva de xénero (10 horas).

Módulo1. Conceptos básicos sobre a seguridade e a saúde no traballo.

Módulo 2. Riscos xerais e a súa prevención

Módulo 3. Riscos específicos e a súa prevención no sector correspondente á actividade da empresa: actividades de tempo libre.

Módulo 4. Elementos básicos de xestión da prevención de riscos

Módulo 5. Primeiros auxilios

Módulo 6. A prevención de riscos laborais dende a perspectiva de xénero.

Esta formación pode non ser validable aos efectos da formación mínima necesaria para o desempeño das funcións preventivas de nivel básico para os sectores nos que o respectivo convenio colectivo contemple outras especificacións

OBXECTIVOS 

  • Proporcionar o nivel de capacitación necesario para desenvolver as funcións de xestión da prevención, establecida no artigo 35 do Regulamento dos servizos de prevención.

  • Proporcionar aos empresarios a formación e os coñecementos que os capaciten para xestionar a prevención nas súas propias empresas ou centros de traballo.

DESTINATARIOS 

Dirixidos a mozos e mozas en xeral. Terán preferencia, en primeiro lugar, as persoas que posúan o título de monitor/a ou director/a de tempo libre*, en segundo lugar, aquelas persoas que posúan o carné xove*, e logo por orde de entrada das solicitudes.

*Deberán achegar a issga.cursoprl [at] xunta.gal (issga[dot]cursoprl[at]xunta[dot]gal) dentro do prazo de presentación de solicitudes a documentación que o acredite.

REQUISITOS 

Non se require titulación específica. 

METODOLOXÍA 

  1. Solicitude por medios telemáticos.

  2. Comunicación de admisión

  3. Realización a través da plataforma de EGAP na que poderá acceder as todos os elementos do curso: descargas, consultas, titorías, bibliografía, probas de seguimento, foros, axenda, buzón persoal, etc. 

Para obter a acreditación correspondente será imprescindible a superación de todas as probas de avaliación, envío das actividades e o exercicio final que se realizará de xeito telemático a través da aula virtual.

Módulo1. Conceptos básicos sobre a seguridade e a saúde no traballo.

Módulo 2. Riscos xerais e a súa prevención

Módulo 3. Riscos específicos e a súa prevención no sector correspondente á actividade da empresa: actividades de tempo libre.

Módulo 4. Elementos básicos de xestión da prevención de riscos

Módulo 5. Primeiros auxilios

Módulo 6. A prevención de riscos laborais dende a perspectiva de xénero