Biblioteca

Tratamentos de beleza: prevención do risco químico nas tarefas de manicura profesional e aplicación de tratamentos para pestanas

O uso de distintos produtos cosméticos (quitaesmaltes, esmaltes, disolventes de adhesivos, etc.), con formulacións complexas e con etiquetas que non advirten claramente de que pode haber exposición a substancias químicas, por exemplo acrilatos, pode resultar perigoso para os profesionais que os aplican se non se adoptan as medidas axeitadas.

Esta exposición pode dar lugar a danos para a pel, o sistema respiratorio, os ollos, entre outros, sendo a dermatite alérxica o máis habitual. Tamén se debe prestar especial atención a aqueles compoñentes dos produtos que poden influír negativamente na saúde das traballadoras embarazadas ou en período de lactación natural.

Esta publicación ten como obxectivo alertar sobre os danos para a saúde das persoas traballadoras nas actividades de manicura e pedicura profesionais e na colocación de pestanas postizas derivados da manipulación de produtos con ingredientes perigosos.

Tratamentos de beleza: prevención do risco químico nas tarefas de manicura profesional e aplicación de tratamentos para pestanas