Prevención das enfermidades da voz no ámbito laboral_Manual do alumnado

Estímase que unha terceira parte da poboación laboral son profesionais da voz, é dicir, persoas que utilizan a voz como principal ferramenta de traballo, sen a cal non poderían desenvolver as súas tarefas con normalidade.

É necesario facilitarlles aos profesionais da voz o acceso a unha formación preventiva teórico-práctica relacionada cos riscos derivados do uso continuado e sostido da voz que poden intervir na aparición das enfermidades profesionais, e como previlas.

Os obxectivos desta formación son:

  • Comprender a voz e o seu complexo funcionamento, introducindo unhas nocións de anatomía e fisioloxía.
  • Enumerar e describir os diferentes trastornos da voz.
  • Identificar aquelas actividades laborais nas que se realizan esforzos sostidos da voz por motivos profesionais.
  • Coñecer cales son os factores de risco intrínsecos e extrínsecos para a voz e como controlalos.
  • Adquirir técnicas para mellorar o uso da voz: prácticas específicas sobre xesto corporal, xesto vocal e exercicios de quecemento vocal.
  • Aplicar ao posto de traballo os coñecementos adquiridos sobre o correcto uso da voz.
  • Facilitar a detección e intervención terapéutica precoz das patoloxías profesionais relacionadas coa exposición laboral da voz.
  • Destacar a importancia da vixilancia da saúde para a detección e intervención precoz das patoloxías profesionais da voz e para a implantación de medidas preventivas.
  • Recoñecer os signos de alerta ante unha posible patoloxía da voz de orixe laboral.
  • Coñecer os circuítos de atención sanitaria para as disfonías profesionais.
  • Entender os conceptos básicos de rehabilitación vocal.
Manual